Nokia E7 00 - Conectar o teléfono ao sistema de cine en casa

background image

Conectar o teléfono ao sistema de cine en casa
Pode utilizar o seu teléfono con sistemas de cine en casa. Con sistemas de cine en

casa compatibles, é posible gozar de vídeos de alta definición con son Dolby™ Digital

Plus 5.1 multicanle para obter unha experiencia de son envolvente.

1 Conecte o adaptador HDMI ao conector HDMI do seu teléfono.

As súas imaxes e vídeos

77

background image

2 Conecte un cable HDMI (dispoñible por separado) ao adaptador e, a continuación,

ao conectador HDMI do sistema de cine en casa.
O sistema de cine en casa debe admitir o estándar HDMI 1.3 e poder pasar vídeo

ao televisor a través de HDMI. O teléfono descodifica Dolby Digital Plus e envía

son PCM ao sistema de cine en casa.

3 Para configurar o sistema de cine en casa para que utilice a respectiva entrada

de HDMI, consulte as instrucións do usuario do seu sistema de cine en casa.

4 Reproducir un vídeo no seu teléfono.

A resolución de vídeo máxima admitida é de 1280x720 (720p) e o seu teléfono non

admite ficheiros de tamaño superior a 4 GB.

Exemplo: Un vídeo MP4 ou MKV que teña as seguintes propiedades:

Vídeo: AVC 1916 kbps, 24 fps, High Profile Level 3.1, 3 marcos ref.

Son: Dolby Digital Plus E-AC-3, 384 kbps, 6 canles