
Consellos sobre imaxes e vídeos
Manteña premida a tecla da cámara.
Para tirar unha imaxe:
•
Utilice as dúas mans para evitar que a cámara se mova.
•
Cando amplíe unha imaxe, a calidade desta pode degradarse.
•
A cámara activa o modo de aforro de enerxía unha vez transcorrido
aproximadamente un minuto de inactividade. Para activar a cámara de novo,
prema brevemente a tecla da cámara.
•
Pode anexar unha imaxe a un contacto da súa lista de contactos. Despois de facer
a foto, seleccione
>
Usar imaxe
>
Asignar ao contacto
. Mova o marco para
recortar a imaxe, prema a pantalla para amosar a barra de ferramentas,
seleccione , e seleccione o contacto.
Cámara
69

Manteña unha distancia de seguridade cando utilice o flash. Non utilice o flash para
tomar imaxes de persoas ou animais situados a pouca distancia. Non cubra o flash
durante a toma de fotos.
Durante a gravación dun vídeo:
•
Para obter os mellores resultados posibles, peche as aplicacións abertas antes
de realizar a gravación.