Acerca da conectividade Bluetooth
Seleccione >
Axustes
>
Conectividade
>
Bluetooth
.
Pode conectarse sen fíos a outros dispositivos compatibles como teléfonos,
ordenadores, auriculares e micro ou kits vehículo.
Conectividade 111
A conexión pódese utilizar para enviar elementos desde o teléfono, copiar ficheiros
desde o seu ordenador compatible e imprimir ficheiros cunha impresora compatible.
Debido a que os dispositivos con tecnoloxía sen fíos Bluetooth se comunican
mediante ondas de radio, non se teñen que atopar nunha liña visual directa. Non
obstante, cómpre que se atopen como máximo a 10 metros o un do outro, aínda que
a conexión pode sufrir interferencias debido a obstáculos como paredes ou a outros
dispositivos electrónicos.
Cando o teléfono se atopa bloqueado, só se poden establecer conexións con
dispositivos autorizados.
Consello: Tamén pode xestionar as conexións Bluetooth no menú de estado. Para
abrir o menú de estado, pase o dedo cara a abaixo dende a área de notificación e
seleccione
Bluetooth
. Se Bluetooth non aparece en pantalla, seleccione .