Cambiar o modo USB
Para obter os mellores resultados cando copie contido ou sincronice o teléfono cun
ordenador, active o modo USB apropiado cando utilice un cable de datos USB para
efectuar a conexión a diferentes dispositivos.
1 Utilice un cable USB compatible para conectar o teléfono ao seu ordenador.
2 No teléfono, pase o dedo cara a abaixo dende a área de notificación.
3 Seleccione
USB
e escolla entre as seguintes.
Nokia Ovi Suite — Permite conectar o teléfono a un ordenador compatible que
dispón de Nokia Ovi Suite instalado. Neste modo, é posible sincronizar o teléfono con
Nokia Ovi Suite e empregar outras funcións desa aplicación.
Este modo actívase automaticamente cando abre a aplicación Nokia Ovi Suite.
Almac. masiva — Permite conectar o teléfono a un ordenador compatible que non
ten instalado Nokia Ovi Suite. O seu teléfono recoñecerase como unha memoria flash
USB. Tamén pode conectar o teléfono a outros dispositivos, como a un equipo
estéreo doméstico ou de automóbil, ao que pode conectar unha unidade USB.
Ao conectarse a un ordenador neste modo, é posible que non poida utilizar algunhas
das aplicacións do teléfono.
O outro teléfono non poderá acceder á memoria masiva do seu dispositivo.
Transf. multim. — Permite conectar o teléfono a un ordenador compatible que
non ten instalado Nokia Ovi Suite. A música protexida mediante xestión de dereitos
dixitais (DRM) debe transferirse neste modo. Algúns sistemas de lecer e impresoras
domésticos tamén se poden utilizar neste modo.
Usar tel. módem — Permite conectar o teléfono a un ordenador compatible e
empregalo como módem sen fíos. O ordenador conectarase á Internet
automaticamente.
Conectividade 115