Información sobre a batería e o cargador
O seu dispositivo dispón dunha batería recargable interna e non extraíble. Non intente extraer a batería, xa que podería
danalo. Para substituír a batería, leve o dispositivo ao centro de servizo técnico autorizado máis próximo.
O dispositivo está deseñado para utilizarse cos seguintes cargadores: AC-10 . O número exacto do modelo do cargador de
Nokia pode variar dependendo do tipo de enchufe, identificado mediante as letras E, X, AR, U, A, C, K, B ou N.
A batería pode cargarse e descargarse centos de veces, pero finalmente, desgástase. Cando a duración da batería no modo
de espera e durante conversas telefónicas se reduza considerablemente, para substituír a batería, envíeo ao centro de
servizo técnico autorizado máis próximo.