
Chamadas de emerxencia
Realizar unha chamada de emerxencia
1
Asegúrese de que o teléfono estea acendido.
2
Comprobe que a intensidade do sinal sexa a axeitada. Tamén é posible que necesite facer o seguinte:
•
Introduza unha tarxeta SIM.
•
Elimine as restricións de chamadas que activou para o teléfono, como a restrición de chamadas, a marcación
fixa ou os grupos de usuarios pechados.
•
Se a pantalla e as teclas do teléfono están bloqueadas, desbloquéeas.
3
Para borrar a pantalla, prema a tecla Menú tantas veces como sexa necesario.
4
Seleccione
.
5
Introduza o número de emerxencia oficial da localidade na que se atope.
6
Seleccione
.
7
Forneza a información necesaria do xeito más preciso posible. Non finalice a chamada ata que reciba permiso para
facelo.
Ao acender o teléfono por primeira vez, é posible que se lle solicite crear unha conta Nokia. Para realizar unha chamada de
emerxencia durante a configuración da conta, prema a tecla de menú.
Importante: Active as chamadas de móbil e da Internet, se o teléfono admite as chamadas da Internet. O teléfono pode
intentar efectuar as chamadas de emerxencia a través das redes móbiles e do fornecedor de servizos de chamadas da
Internet. Non se pode garantir que a conexión funcione en todas as condicións. Nunca dependa unicamente dun teléfono
sen fíos para efectuar comunicacións importantes, como urxencias médicas.