Cargar a batería a través de USB
Dispón de pouca batería restante pero non ten un cargador con vostede? Pode utilizar
un cable USB compatible para conectar o teléfono cun dispositivo compatible, como
un ordenador.
Pode utilizar a carga mediante USB se non dispón dunha toma de corrente. Poden
transferirse datos durante a carga do dispositivo. A eficacia da carga mediante USB
varía de xeito significativo, e é posible que a carga tarde moito tempo en iniciarse e
que o dispositivo tarde moito tempo en comezar a funcionar.
Pode utilizar o teléfono mentres se está a cargar.
Para evitar danar o conectador do cargador, teña coidado ao conectar ou desconectar
o cable do cargador.