
Verbo da batería
O seu teléfono dispón dunha batería recargable interna e non extraíble. Utilice
soamente cargadores autorizados por Nokia deseñados para utilizarse con este
teléfono. Tamén pode utilizar un cable de datos USB compatible para cargar o
teléfono.
Non intente retirar a batería do dispositivo. Para substituír a batería, leve o dispositivo
ao centro de servizo técnico autorizado máis próximo.
É posible que os puntos de venda autorizados tamén ofrezan o servizo de
substitución de baterías.
Introdución
13

Importante: A batería só poderá ser substituída por persoal cualificado ou nun
centro de servizo técnico autorizado. A substitución non autorizada da batería pode
invalidar a garantía.
Cando o seu teléfono ten pouca batería, actívase o modo de aforro de enerxía. É
posible que non poida modificar os axustes de determinadas aplicacións. Para
desactivalo, prema a tecla de acendido e seleccione
Desactiv. aforro enerxía
.