Copiar contactos ou imaxes do seu teléfono anterior
Desexa copiar información importante do seu teléfono Nokia compatible anterior e
comezar a utilizar o seu novo teléfono rapidamente? Utilice a aplicación Cambio de
datos para copiar, por exemplo, contactos, entradas de calendario e imaxes ao seu
novo teléfono de xeito gratuíto.
O seu teléfono Nokia antigo debe ser compatible con Bluetooth.
Seleccione >
Axustes
>
Conectividade
>
Transferencia datos
>
Cambio de
datos
e siga as instrucións que aparecen na pantalla dos dous teléfonos.
Se o outro teléfono precisa un código, insírao. O código, que pode definir vostede,
debe inserirse en ambos teléfonos. O código nalgúns teléfonos é fixo. Para obter máis
información, consulte a guía de usuario do teléfono. O código só é válido para a
conexión actual.
18
Introdución
Se o seu teléfono anterior de Nokia non ten a aplicación Cambio de datos, o novo
teléfono envíaa nunha mensaxe mediante Bluetooth. Para instalar a aplicación, abra
a mensaxe no seu teléfono antigo e siga as instrucións.