
Introducir ou extraer a tarxeta SIM
Non pegue adhesivos na tarxeta SIM.
Importante: O dispositivo está deseñado para utilizarse unicamente cunha tarxeta
SIM estándar (consulte a ilustración). O uso de tarxetas SIM non compatibles pode
producir danos na tarxeta ou no dispositivo e danar os datos almacenados na tarxeta.
Póñase en contacto co seu operador de telefonía móbil para obter información acerca
do uso dunha tarxeta SIM que dispoña dun interruptor mini-UICC.
Inserción da tarxeta SIM
1 Apague o teléfono e extraia o soporte da tarxeta SIM do teléfono.
2 Dea a volta ao soporte da tarxeta SIM.
3 Asegúrese de que a zona de contacto se atope orientada cara arriba e insira a
tarxeta SIM no soporte correspondente.
12
Introdución

4 Dea a volta a tarxeta SIM e volva inserila no teléfono.
Extraer a tarxeta SIM
1 Apague o teléfono e extraa o soporte da tarxeta SIM do teléfono.
2 Dea a volta ao soporte da tarxeta SIM.
3 Retire a tarxeta SIM.
4 Dea a volta a tarxeta SIM e volva inserila no teléfono.