Utilizar o teléfono por primeira vez
O teléfono guiarao a través do proceso de configuración inicial cando insira a tarxeta
SIM e acenda o teléfono por primeira vez. Para utilizar Servizos de Nokia, cree unha
conta de Nokia. Tamén pode copiar os seus contactos e outros contidos do seu
teléfono anterior. Tamén pode subscribirse ao servizo My Nokia para recibir consellos
e trucos útiles acerca de como tirar o máximo proveito do teléfono.
Para iniciar unha acción, seleccione . Para omitir unha acción, seleccione .
Para crear unha conta de Nokia, precisa dispoñer dunha conexión á Internet. Para
obter información acerca dos custos posibles, póñase en contacto co seu provedor
do servizo. Se non se pode conectar á Internet, pode crear unha conta máis tarde.
Se xa ten unha conta de Nokia, introduza o seu nome de usuario e contrasinal e
seleccione .
Consello: Esqueceu o seu contrasinal? Pode solicitar que llo envíen nunha mensaxe
de correo ou de texto.
Utilice a aplicación Cambio de datos para copiar os seus contidos, por exemplo:
•
Contactos
•
Mensaxes
•
Imaxes e vídeos
•
Axustes persoais
Cando configure a súa conta de correo, poderá axustar a caixa de entrada para
visualizarse na súa pantalla Inicio e poder consultar facilmente o correo.
Introdución
17
Se precisa realizar unha chamada de emerxencia durante a fase de configuración,
prema a tecla Menú.