Crear unha lista de reprodución
Desexa escoitar música diferente para diferentes estados de ánimo? Coas listas de
reprodución, pode crear seleccións de cancións a reproducir nunha carpeta
específica.
Seleccione >
Reprodutor música
.
1 Manteña seleccionada a canción e, no menú emerxente, seleccione
Engadir á lista
reprodución
.
2 Escriba un nome para a lista de reprodución.
Reproducir unha lista de reprodución
Seleccione
>
Listas de reprodución
e a lista de reprodución que desexe.
Eliminar unha canción da lista de reprodución
Na vista da lista de reprodución, manteña seleccionada a canción e, no menú
emerxente, seleccione
Eliminar
.
Isto non elimina a canción do teléfono; só a elimina da lista de reprodución.
Consello: Rep. música crea automaticamente unha lista de reprodución para as
cancións máis reproducidas, cancións reproducidas recentemente e cancións
engadidas recentemente.
Música e son
81