
Acerca dos métodos de posicionamento
Mapas amosa a súa situación no mapa a través de conexións GPS, A-GPS, WLAN ou
posicionamento baseado na rede (ID da cela).
O sistema de posicionamento global (GPS) é un sistema baseado en satélite que se
emprega para calcular a súa situación. O GPS asistido (A-GPS) é un servizo de rede
que axuda ao receptor GPS, mellorando a velocidade e precisión do posicionamento.
Ademais, pódense usar outros complementos ao GPS para mellorar e acelerar o
posicionamento. Isto pode requirir a transferencia de pequenas cantidades de datos
dentro da rede celular.
O posicionamento mediante unha WLAN mellora a precisión do posicionamento
cando non se dispón de sinal GPS, especialmente en interiores ou cando se atope
entre edificios altos.
Co posicionamento baseado na rede (ID da cela), a posición determínase a través do
sistema celular ao que estea conectado o seu teléfono nese momento.
Para aforrar custos dos datos, pode desactivar o A-GPS, WLAN e o posicionamento
baseado na rede (ID da cela) nos axustes de posicionamento do teléfono, pero o
cálculo da súa posición pode tardar moito máis tempo, a localización pode ser máis
imprecisa e o receptor GPS pode perder a localización con maior frecuencia.
A dispoñibilidade e a calidade dos sinais de GPS pode verse afectada pola súa
localización, polas posicións do satélite, polos edificios, polos obstáculos naturais,
polas condicións meteorolóxicas e os axustes nos satélites GPS efectuados polo
goberno dos Estados Unidos. É posible que os sinais de GPS non estean dispoñibles
no interior de edificios ou en pasos subterráneos.
Non utilice o GPS para a medición dunha localización precisa e non debe depender só
dos datos de localización fornecidos polo GPS nin polas redes móbiles.
É posible que o hodómetro non sexa preciso en función da dispoñibilidade e da
calidade da súa conexión GPS.
90
Mapas

Nota: É posible que a utilización de redes WLAN estea restrinxida nalgúns países.
Por exemplo, en Francia, unicamente está autorizado a utilizar as redes WLAN en
lugares interiores. Se desexa obter máis información, póñase en contacto coas
autoridades locais.
Segundo os métodos de posicionamento dispoñibles, a exactitude da posición pode
variar dende uns metros ata varios quilómetros.