
Desactivar os métodos de posicionamento
O GPS asistido (A-GPS), a WLAN e o posicionamento baseado na rede (ID da cela) axuda
ao seu teléfono a determinar a súa localización actual dun xeito máis rápido e preciso.
Para aforrar custos de datos, especialmente cando se atopa no estranxeiro, pode
desactivar un ou varios dos servizos.
Seleccione >
Axustes
.
Seleccione
Axustes aplicación
>
Posicionam.
>
Métodos posicionamento
e o
método de posicionamento que vaise a desactivar.
O servizo de rede A-GPS (GPS asistido) recupera información de localización
utilizando a rede móbil e axuda ao GPS a calcular a súa localización actual.
O teléfono está configurado previamente para utilizar o servizo A-GPS de Nokia, se
non se atopan dispoñibles ningúns axustes A-GPS dun fornecedor de servizos
específico. Os datos de asistencia recupéranse desde o servidor do servizo A-GPS de
Nokia só cando é necesario.
Cómpre ter un punto de acceso á Internet de datos móbiles definido no teléfono para
recuperar os datos de asistencia do servizo A-GPS de Nokia a través dunha conexión
de paquetes de datos.