Ver a súa localización e o mapa
Vexa a súa localización actual no mapa e explore mapas de diferentes cidades e
países.
Seleccione >
Mapas
.
indica a súa posición actual, se está dispoñible. Cando busca a súa posición, a
pestanexa. Se a súa posición non está dispoñible, a indica a súa última posición
coñecida.
No caso de que o posicionamento exacto non estea dispoñible, unha auréola vermella
en torno á icona de posicionamento indica a área xeral na que é posible que se atope.
En áreas densamente poboadas aumenta a precisión desta estimación e a auréola
vermella amósase máis pequena que nas zonas pouco poboadas.
Navegar polo mapa
Arrastre o mapa co seu dedo. O mapa está orientado cara ao norte por defecto.
Ver a súa localización actual ou a última coñecida
Seleccione a .
Ampliar ou reducir unha imaxe
Seleccione + ou -.
86
Mapas
Consello: Para facer zoom, tamén pode colocar dous dedos no mapa e afastar os
dedos entre para achegar o zoom ou xuntalos para afastar o zoom. Non todos os
teléfonos admiten esta función.
Se navega ata unha área non cuberta polos mapas de rúas que están gardados no
seu teléfono e ten unha conexión de datos activa, descargaranse automaticamente
os novos mapas das rúas.
Evitar descargar novos rueiros automaticamente
1 Seleccione
>
Axustes
>
Xeral
.
2 Seleccione
Conexión
>
Fóra de liña
.
Tamén se descargan rueiros novos se actualiza á versión máis recente da aplicación
Mapas. Cando use Mapas por primeira vez despois dunha actualización, seleccione
Utilizar Mapas de Nokia en liña
. Necesitará unha conexión á Internet.
A cobertura dos mapas varía segundo o país e a rexión.