Teclado
O teléfono ten un teclado completo. Para abrir o teclado, suba a pantalla táctil. A
pantalla pasa automaticamente de vertical a horizontal ao abrir o teclado.
24
Uso básico
1
Tecla de función. Para inserir os carácteres especiais impresos na parte
superior das teclas, prema a tecla de función e, a continuación, a tecla
correspondente. Para introducir varios carácteres especiais seguidos, prema a
tecla función dúas veces. Para volver ao modo normal, prema a tecla de funcións.
2
Tecla maiús. Para cambiar entre os modos de maiúsculas e minúsculas, prema
a tecla maiús. dúas veces. Para introducir unha soa letra maiúscula no modo de
minúsculas ou unha soa letra minúscula no modo de maiúsculas, prema a tecla
maiús. unha vez e, a continuación, a tecla alfabética desexada.
3 Tecla Sym. Para inserir carácteres especiais que non se amosan no teclado, prema
a tecla de símbolos e seleccione o carácter desexado. Para cambiar o idioma de
escritura, manteña premida a tecla maiús. e, a continuación, prema a tecla de
símbolos e seleccione o idioma desexado.
4 Tecla espazo
5
Tecla de retroceso. Para borrar un carácter, prema a tecla de retroceso. Para
borrar varios carácteres, prema prolongadamente a tecla de retroceso.
Introducir unha variación dunha letra
É posible introducir, por exemplo, letras con acentos. Para inserir a letra á, manteña
premida a tecla de símbolos e, a continuación, prema A varias veces ata que se amose
a letra desexada. A orde e dispoñibilidade das letras depende do idioma de escritura
seleccionado.
Inserir un número ou un carácter especial impreso na parte superior dunha tecla
Manteña premida a tecla desexada.